fbpx

Emilia Martínez

Emilia Martínez
Emilia Martínez:  nacín á veiriña das fragas do Eume, no concello de Monfero paraiso natural, fonte da miña inspiración e berce da miña nenez, dende fai vinteseis anos vivo na Terra Chá, concello de Vilalba, "Lendas e versos" é o meu primeiro libro feito soamente por min, teño publicados varios máis con outros poetas, entre outros a colectánea Luso Galaica entre Portugal e Galicia, colaboro con Culturalia GZ, Nova poesía Guitírica - Lareira de Soños, e tamén colaboro con poetas andaluces dende fai catro anos, teño unha páxina que se chama Aperta Poética, onde escribo en galego e castelan, tamén colaboro asiduamente con Oscar de Souto e o seu programa de radio FAROS, espallando a palabra poética nas ondas, nunha poesía ceibe e galega.

Grid Lista

Mostrando el único resultado

Lendas e versos

Lendas e versos
12,00

Este libro é unha mistura de lendas e versos, consta de dúas partes diferenciadas, na primeira LENDAS E VERSOS, conto historias que vivin na miña nenez, ou mesmamente narradas polo meu pai.
A segunda é un poemario, BERCE DE VERSOS, intimista e persoal… Feito a partires do sentir máis fondo, tento expresar o que é para min a poesía, un longo camiño sementado de luces e sombras, de ledicias e tristuras, retallos dun anaco de corazón…
Cada folla, cada verso, garda un anaco de min mesma, dunhos intres enraizados na memoria que se foron convertindo en poesía co paso do tempo, ben en experiencias vividas, ou mesmamente olladas noutra pel…
Todos e cada un destes versos teñen unha historia, agardo sexa unha lectura agradable e amena, como eu me sentín ó escribilos.


© Emilia Martínez, 2019.
© Lendas e versos.
© ALIAR 2015 Ediciones S.L.