fbpx

A visión da Galicia emigrada a Hispanoamérica en torno á discutida orixe galega de Cristóbal Colón

Libros

A visión da Galicia emigrada a Hispanoamérica en torno á discutida orixe galega de Cristóbal Colón

17,00

A visión da Galicia emigrada a Hispanoamérica en torno á discutida orixe galega de Cristóbal Colón

Tesis

O presente Estudo Cultural explica a visión dos emigrados galegos a hispanoamérica sobre a discutida orixe galega de Cristóbal Colón. Esta tese culta é un contido cultural orixinal do pontevedrés Celso García de la Riega, Colón Español. Su origen y patria (1914). Contido que traspasa o Atlántico, asimílase e repercute nese territorio onde se transforma nun movemento cultural e patriótico hemisférico a favor de España na primeira metade do século XX. A metodoloxía é transversal, plural, interdisciplinar con perspectiva de xénero. Analízanse os discursos da tese galega nas obras das mulleres e homes divulgadores nos libros, xornais, revistas e edicións facsimilares dos galegos emigrados de alén mar. As conclusións revelan a visión sobre a intensa apropiación deste contido que se converte nun feito cultural que a partir deste estudo fai unha viraxe cara a Galicia.

***

© A visión da Galicia emigrada a Hispanoamérica en torno á discutida orixe galega de Cristóbal Colón, 2022.
© Isabel Elena Peleteiro Vázquez.
© ALIAR 2015 Ediciones S.L.

Out of stock

comparte este libro

Páginas: 276
Tamaño: 17 x 24 cm
Cubierta: 300 gr. Mate.
Interior: Offset 90 gr. Ahuesado.
Solapas: Sí.

ISBN: 978-84-18795-98-5
DL: GR 111-2022

Contiene marcapáginas

Impreso en España

Marca

Isabel Elena Peleteiro Vázquez

Isabel Elena Peleteiro Vázquez. Nada en Caracas, de nacionalidade galaico-venezolana, estuda a Licenciatura en Pedagoxía e o Doutoramento en Educación en Venezuela. A súa experiencia profesional transcorre como docente e investigadora na Universidade Pedagóxica Experimental Libertador de Caracas (UPEL). Interesada na Antropoloxía Cultural de América desenvolve unha intensa actividade como xestora cultural en Santiago de Compostela. Este intenso labor de Mediación Intercultural orienta o seu retorno a Galicia. Esta viraxe ou “tornaviaxe” cara á Europa convértese nunha reemigración, polo que a considera un novo comezo. Estuda o Máster Universitario en Profesorado de Formación Profesional e obtén o Grao Europeo de Doutora en Estudos Culturais en lingua galega no ano 2021 coa Tese de Doutoramento: A visión da Galicia emigrada a Hispanoamérica sobre á discutida orixe galega de Cristóbal Colón na Universidade de Santiago de Compostela.
Autores